Archivos Mensuales: mayo 2010

Día de encontros en Madrid

Estándar

Onte pola mañá fomos o parque do Retiro e quedamos cós nen@s que coñecemos en Navarra!!!!! Estivemos con eles toda a maná, á hora de comer comemos todos xuntos no  Retiro, despois, estivemos outro pouco con eles, ata as dúas e media que tiveron que marchar.

Póla tarde fomos ao Museo do Prado e vimos un montón de cadros. Cando acabou a nosa visita fomos ao albergue a descansar. Sobre as oito fomos ao cine e vimos Alicia no país das Maravillas en 3D. Pasámolo xenial!!!!!!

Antía

Aqui podedes ver algunhas das fotos.

sinatura.bmp

XORNADA PORTAS ABERTAS

Estándar

esta1.JPG 


                           MARTES, 1 DE XUÑO    

                    De 10 a 12,45 horas

 O Colexio Cruceiro abre as súas portas á  comunidade educativa.

Dentro do Plan de convivencia do centro, queremos dar ás familias dos nosos alumnos a oportunidade de compartir con nos unha parte da xornada escolar cotiá.  

      Para facilitar o acceso, e non interferir moito na dinámica de traballo do centro, faremos tres quendas de visita:      

                  Ás 10 horas.                 

                 Ás 10, 45 horas 

                 Ás 12 horas.

Un membro do equipo directivo vos acompañará no percorrido e vos porporcionará información sobre a metodoloxía de traballo do colexio.                               

                           ¡Esperámosvos! 

Excursión Madrid Primeiro día

Estándar

Como xa sabedes esta semana o alumnado de sexto estamos por terras madrileñas.
O luns saímos da estación de tren de Pontevedra as 9:30 rumbo Madrid. Chegamos  as 9:00. Almorzamos na estación de tren. Despois collemos o metro para chegar ó albergue. A continuación fomos en bus ata o centro comercial Xanadu onde comemos. Xogamos coa neve ata as 4:30 e fixemos as primeiras compras.As sete visitamos o Senado no cal se estaba a celebrar un pleno.

Durante o paseo nocturno paramos a cear nunha pizzería. pizeroMmmm! Que rico!!! Para rematar chegamos ao albergue e… ata mañá!
Un saúdo a todos e desculpade a brevidade pero é un pouco tarde.

Iván e Jordi.

Por problemas técnicos aínda non podemos subir fotos da viaxe pero estade atentos porque esperamos solucionalo cá maior brevidade.

VILALONGA

 

 

via tren

MADRID

Paseo polas Letras Galegas da man de Novoneyra

Estándar

Para conmemorar o día das Letras Galegas os alumnos de 6º  preparamos diversas actividades.
Elaboramos xogos de pistas sobre Uxío Novoneyra para o alumnado de quinto de primaria e un powerpoint para ilustrar a semblanza do autor presentada polos alumnos de segundo.
O powerpoint trataba sobre o poema que fixeron os alumnos de segundo.
As fotos ían acorde ó poema, ademais incluíanse pequenos textos da vida de Uxío Novoneyra como por exemplo as súas influencias e os seus amores.
O máis significativo para el sería a páxina que fixemos sobre o seu amor polo Courel.
Os xogos para quinto consistían en buscar,responder ou unir preguntas e respostas sobre Uxío Novoneyra e un xogo parecido á oca sobre o autor e as Letras Galegas.

Aquí vos deixamos un vídeo que recolle algunhas destas actividades.

Miguel Ángel Álvarez e Daniel Gómez

sinatura.bmp

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Estándar

u16882931-copia.gif

MÉRCORES, 19 DE MAIO

XIMNASIO

   – 12.10. “AS PARTES DO CORPO” (3 anos)

   – 12.20. “O ARCO DA VELLA” (4 anos)

   – 12.30. “O GALO QUIRICO” (5 anos)

PATIO

   – 13.00. “PASEO POLAS LETRAS GALEGAS DA MAN DE NOVONEYRA” (6º)

 

XOVES, 20 DE MAIO

PATIO

   – 9.40. “AS LETRAS GALEGAS POLO CAMIÑO DE SANTIAGO” (5º)

XIMNASIO

   – 11.00. BIOGRAFÍA RIMADA DO AUTOR (2º) ILUSTRADA CUN POWERPOINT (6º)

     – 11.20. PUBLICIDADE DA FROITA (3º)

     – 12.00. “O ENTROIDO DOS ANIMAIS”. TÍTERES HUMANOS (4º)

 

VENRES, 21 DE MAIO

BIBLIOTECA

      – 10.30. RECITADO DE POEMAS DO AUTOR (1º)

ninos-leyendo.gif
sinatura.bmp