Archivos Mensuales: abril 2010

Visita ao IES

Estándar

O mércores pola mañá os alumnos de sexto fomos de  visita ao Instituto de Vilalonga. Foi moi interesante: ao chegar alí fomos ao salón de actos e explicáronnos como ía ser a nosa estancia alí. Dixéronnos que iamos a estar alí seis horas pola mañá e unha tarde a semana iamos estar alí dúas horas, contáronnos as materias que iamos a dar e viñeron uns rapaces que estaban en 1º e nos explicaron como foi o seu paso de sexto ao instituto. Ao rematar dirixímonos á aula de Tecnoloxía onde logramos ver como funcionaba todo coa enerxía solar, era fascinante! Despois fomos aos talleres, que eran catro.
Logo visitamos á biblioteca onde nos deron unha flor. Para rematar fomos á cafetería e invitáronnos a merendar, que rico estaba! Despedímonos moi agradecidos  e voltamos ao noso colexio.
Grazas a esta saída temos moitísimas ganas de ir para o instituto!

Lucía 6 A  e Alba 6 B

Aquí tedes algunhas fotos da saída.

 

sinatura.bmp

FELIZ ANIVERSARIO!!!

Estándar

O VENRES 23 ABRIL CELEBRAREMOS O 4º ANIVERSARIO DE INZILBETH E O DÍA DO LIBRO.

 

inzilbeth-pequena.gif

COMO TODOS OS ANOS INZILBETH PREPAROU UNHA SORPRESA PARA OS NENOS.

 

 COMERÁN TARTA???

 

tarta-de-cumpleanos-061.gif

 

POLA TARDE TEREMOS NA BIBLIOTECA SESIÓNS DE CONTACONTOS PARA TODOS OS NENOS.

 

SERÁN CONTOS DE MEDO!!!

 

 

an5501.gif

an5501.gif

 

sinatura.bmp