Archivos Mensuales: marzo 2010

MEDRA SAN: PUBLICIDADE E ALIMENTACIÓN

Estándar

Dentro do noso proxecto sobre alimentación saudable e exercicio físico, “MEDRA SAN”, realizamos unha actividade no 2º e 3º ciclos de Educación Primaria que tiña como finalidade analizar a publicidade na televisión (sobre alimentación) nun día e nunha franxa horaria dirixida a público infantil.

 

clica na imaxe para ver o estudio

 publicidade-e-alimentacion.jpg

 

A conclusión foi clara: “O TIPO DE ALIMENTOS PUBLICITADOS SON AQUELES MENOS ADECUADOS PARA A DIETA DOS NENOS”

Con esta actividade pretendemos concienciar aos nosos alumnos sobre a importancia da alimentación saudable e sobre como tratar de evitar a influencia “negativa” que a publicidade pode exercer sobre os nosos habitos alimenticios.

 sinatura.bmp

 

Anuncios

OS NENOS DE 1º INTERPRETAN AO LEÓN

Estándar

Dentro do proxecto de “O entroido dos animais” os alumnos de 1º ciclo realizaron a audición do LEÓN. Fixeron diferentes actividades: dramatizar, interpretar, coñecer os instrumentos, etc.

Por último plasmaron todas as súas sensacións nuns fantásticos debuxos.

http://static.issuu.com/webembed/viewers/style1/v1/IssuuViewer.swf

sinatura.bmp