Archivos Mensuales: febrero 2010

Un Atallo Evolutivo ?

Estándar

200 Anos do nacemento de Charles Darwin, 150 do aniversario da súa obra máis importante “A orixe das especies” e seguimos a voltas coa Evolución.

No noso centro, como xa sabedes, para conmemorar esta data levamos a cabo un proxecto intertidisciplinar,pero non somos os únicos que estamos a falar deste tema.

Hoxe despertamos cunha noticia  publicada en  “La Voz de la Escuela” na que se di que o 98´5% do material xenético humano inclúe ata un 9% de ADN de orixe vírico.

  • Por que o noso xenoma conten tanto ADN de virus?
  • É beneficioso ou prexudicial para a especie?
  • Trátase dun atallo evolutivo?

Para dar resposta a estas e outra cuestións consultade o artigo.

Clicade no xornal para ver o artigo.


periodico

sinatura.bmp

 

SEGUIMOS CO ENTROIDO… dos animais

Estándar

Érase unha vez que un compositor chamado Camille Saint-Saëns decidiu escribir unha obra musical que fora moi divertida. Pensou que o mellor momento para facelo era na festa do ENTROIDO.

Que podía facer, a quen podía disfrazar e con que…?

Despois de moito pensar tivo a xenial idea de disfrazar a diferentes animais utilizando a música.

Se pechamos os ollos e utilizamos a nosa imaxinación atoparemos diferentes animais, agachados entre as notas que saen dos instrumentos!!!

Por certo, sabedes que instrumentos escoitamos en cada animal?

leon.gif

tartaruga.gif

acuario1.gif

sinatura.bmp

Concurso Infantil de Disfraces e Comparsas

Estándar

O alumnado de sexto de primaria presentouse o sábado o Concurso Infantil de Disfraces e Comparsas organizado polo Concello de Sanxenxo.

Aínda que non conseguimos ningún premio, pasamos xuntos unha tarde moi divertida, có único inconveniente do tempo. Esperamos que non haxa moitos catarros.

Simplemente agradecervos a todos a vosa implicación. Desexamos que fora unha experiencia divertida.

Se queredes ver algunhas fotos clicade na imaxe

Ah ! E por suposto  moitas grazas tamén a Xavier por encargarse do transporte das caravanas.
sinatura.bmp